Escoitar

O Concello de Vigo paga aos seus proveedores nunha media de 15,63 días, a metade de tempo que marca a lei

No segundo trimestre do 2014 o periodo medio de pago do Concello de Vigo foi de 15,63 días, a metade, aproximadamente, do que impón a leí que establece as medidas contra a morosidade. Así o explicou esta mañá a tenente de alcalde e concelleira de Facenda, Carmela Silva, quen engadiu que é o periodo de pago máis baixo desde a entrada en vigor da lei en 2010 "e desde logo, de toda a historia do Goberno local". <br />

xoves, 4 set 2014
A tenente de alcalde e concelleira de Facenda explicou esta mañá en sesión plenaria que no segundo trimestre do 2014 o periodo medio de pago foi de 15,63 días, a metade, aproximadamente, do que impón a lei que establece as medidas contra a morosidade. Este prazo de 15,63 días, constitúe o mais baixo desde a entrada en vigor da leí do 2010 e, desde logo, "de toda a historia do Goberno local de Vigo".

Carmela Silva dixou que isto "nos produce unha gran satisfacción porque permite que moitas empresas podían ter liquidez e non teñan que depender de créditos inexistentes para a sua subsistencia". "Que as Administracións paguen en tempo e forma, dixo, permite manter a actividade nas empresas, nas grandes e nas medianas e pequeñas empresas e, o máis importante: manter o emprego que ten que ser a acción prioritaria da administracion pública".

Durante a súa intervención, aclarou que o prazo medio de pago no conxunto das administracions é de 111 días: de 34 na administración central, de 124 nas CC.AA, e de 98 nos concellos. Ademáis, engadiu, os estudos existentes mostran que únicamente o 33% dos traballadores por conta propia cobra as facturas que emite as AA.PP antes de 90 días e que o 14,8% tarda máis de seis meses en cobrar.

Silva quixo facer balance da xestión do goberno local e lembrou que no terceiro trimestre do 2013 nos situábamos nun prazo en torno dos 25 días, no cuarto trimestre en 24, e no primeiro do 2014, en 19,93 días.