Escoitar

O PP reclama que o goberno municipal que recupere as casetas de información turística<br />

Os votos do PP deron luz verde na sesión plenaria deta mañá a unha moción que reclama a adopción da decisión de recuperar as casetas de información turística en lugares emblemáticos da cidade e nas terminais dos transportes colectivos. A proposta contou coa abstención dos grupos socialista e nacionalista.

xoves, 4 set 2014
O Partido Popular sacou adiante en solitario unha proposta en materia de turismo que consiste en recuperar as casetas de información en lugares emblemáticos da cidade e nas terminais dos transportes coletivos: ferrocarril, avión. O grupos socialista e nacionalista abstivéronse na votación.

Outra moción popular aprobada esta mañá, nesta ocasión co respaldo do PSOE e a abastención do BNG, insta ao goberno local a apoiar decididamente a recuperación do areal de Samil e a rexeneración do seu entorno. Concretamente, solicita que se arbitren as medidas oportunas para que as concesións administrativas na praia non impidan a execución deste proxecto.