O Concello inicia a contratación das obras de reparación e cimentación dos nichos de Teis
<br /> O alcalde deu conta esta mañá da contratación das obras de reparación e cimentación de nichos no Cemiterio de Teis. Pese a ser de titularidade e competencia privada e dado que os propietarios non están en condicións de facer fronte á obra, o rexedor explicou que o Concello declarou o interese público dos traballos para garantir a estabilidade e seguridade de 181 nichos afectados por problemas de estabilidade.
A Xunta de Goberno local deu luz verde á contratación das obras de consolidación da cimentación de nichos no cemiterio de Teis. Pese a ser titularidade e competencia privada, aclaraou o rexedor, o Concello acometerá o proxecto para reparar e reforzar a cimentación para garantir a estabilidade dos mesmos, unha vez que se xa apuntalaran os nichos de xeito urxente en aras da seguridade. Segundo explicou, declarause a urxencia da tramitación do procedemento e o prazo de execución será de catro meses aproximadamente. Os traballos consisten en reforzar a cimentación para consolidar o solo existente baixo 181 nichos afectados por problemas de estabilidade e, deste xeito, evitar o derrubamento dos mesmos.
Outro dos asuntos que recibiron luz verde na Xunta de Goberno desta mañá foi a addenda número ao convenio co Centro Asociado da Uned en Pontevedra para ampliar as súas competencias docentes. Concretamente, trátase, explicou o rexedor, dunha ampliación do convenio para que se poidan ofrecer ensinanzas non regradas como cursos de extensión universitaria, cursos de verán ou de idiomas. Neste punto, Caballero lembrou que a Aula Universitaria de Vigo impartirá no próximo curso os seguintes grados: Dereito, Inxeñeiría en tecnoloxías da información, Inxeñeiría informática, Turismo, e Educación Social. Tal e como, lembrou, "seguimos ampliando a a capacidade de formación da Uned en solitario" para a que o Concello ten consignados 200.000 euros, lembrando que ningunha outra administración coopera con este servizo de formación a distancia en Vigo.
A Xunta de Goberno local tamán autorizou o gasto de 75.000 euros para contratar la subministración de bancos para beirarrúas e áras verdes. Concretamente, compraránse ao redor de 400 unidades.