martes, 26 ago 2014
Vigo conta cun novo reto atlético que o alcalde da cidade, Abel Caballero, cualificou de "orixinal". Esta vindeira fin de semana, derradeira do mes, dende o mediodía do sábado 30 ao mediodía do domingo 31, o circuíto atlético municipal de Castrelos recibirá as 24 horas de Vigo, unha proba tanto individual como por equipos con prazo de inscripción aberto ata mañá, mércores.
martes, 26 ago 2014
O mes de agosto pecha coa 41 edición do Gran Premio Cidade de Vigo-Díptico Ciclista de Galicia, coa organización do Club Ciclista Vigués-Autronic e o patrocinio do Concello de Vigo, que ten "unha relación fluída co club", indicou Caballero. <br />
martes, 26 ago 2014
O alcalde de Vigo recibiu hoxe ao xefe da Policía Local, Francisco Martínez, e ao axente José Armando García Veiro, para felicitalos polo éxito dunha importante operación policial, en coordinación coa Garda Civil. Caballero loubou a boa colaboración das distintas forzas de seguridade do Estado na cidade.