O Concello adica 240.000 euros á supresión de barreiras arquitectónicas en vías públicas
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá a unha das obras de accesibilidade que o Concello está a acometer en distintas rúas da cidade. Desde a rúa Padre Seixas, o rexedor explicou que esta obra de rebaixar os pasos de peóns forma parte un plan de supresión de barreiras arquitectónicas ao que o Concello adica 240.000 euros. <br />
Dentro do Plan de supresión de barreiras arquitectónicas en vía públicas, o Concello está a executar un proxecto para adaptar os pasos de peóns a persoas con discapacidade, con rampas que salven o desnivel existente entre a beirarrúa e a zona de circulación de vehículos e que non superen un 10% de pendente. Tal e como explicou o rexedor na rúa Padre Seixas -onde se está a acometer unha destas obras- estase substituíndo tamén a baldosa existente por un material táctil, liso e direccional para facilitar o tránsito ás persoas invidentes. Este plan de supresión de barreiras arquitectónicas está dotado con 240.000 euros e xa se fixeron traballos en Bouzas -unha reiterada reclamación desde o Centro de Maiores- e cinco máis xa están en marcha, apuntou Caballero, Cronista Elías Rodríguez, Castelao, Padre Seixas, Balaídos e Santander con Coutadas.
Concretamente, avanzou que se acometerán estas obras de accesibilidade nas seguintes zonas: Eugenio Arbones, Nigrán, Casiano Martínez, Ponte da Veiga, Puente Romano, Navia, Vilagarcía, Bailén, Pateira, Mestre Chané, Avenida Aeropuerto, Levante, Antón Beiras, Buenos Aires, avenida de Galicia, Montecelo, Jenaro de la Fuente, Médico Lago Olano, Gonzalo Torrente Ballester, Couto con Gondomar, Avenida de Madrid, Numancia con Travesía de Vigo, Amor Ruibal con Hispanidad, Martín Echegaray con Florida, Lorient con Pablo Iglesias, García Lorca con Miguel Hernández e Mercado de A Florida.
Descargar todas as imaxes