luns, 25 agosto 2014

Caballero estima en 1.200 os atletas participantes nos 10 km Praia de Samil, que abriu o prazo de inscrición

luns, 25 ago 2014

En marcha a terceira edición da proba 10 km Praia de Samil, prevista para o 28 de setembro ás 11:00 horas e organizada pola A.D. Media Maratón de Vigo co patrocinio do Concello. Aberto o prazo de inscrición desta carreira, o alcalde da cidade, Abel Caballero, destacou que "esperamos chegar aos 1.200 atletas", é dicir, un incremento dun 20% respecto de a participación habida en 2012.