venres, 29 agosto 2014

O Concello inicia a contratación das obras de reparación e cimentación dos nichos de Teis

venres, 29 ago 2014

<br /> O alcalde deu conta esta mañá da contratación das obras de reparación e cimentación de nichos no Cemiterio de Teis. Pese a ser de titularidade e competencia privada e dado que os propietarios non están en condicións de facer fronte á obra, o rexedor explicou que o Concello declarou o interese público dos traballos para garantir a estabilidade e seguridade de 181 nichos afectados por problemas de estabilidade.