A rúa Martínez Garrido contará cunha praza en homenaxe ao alcalde republicano fusilado
O alcalde deu conta do inicio do proceso de licitación para adxudicar as obras de humanización da futura Praza de Martínez Garrido. Por importe de preto de 300.000 euros, renovarase o pavimento, iluminación e mobiliario, ademais de aumentar a zona de aparcamento.
As obras de humanización e construcción da futura Praza de Martínez Garrido está en fase de licitación e o prazo para presentar propostas remata o 20 de setembro. Cun importe de case 300.000 euros, o alcalde explicou se trata de actuar nunha zona que estaba deteriorada e na que se renovará pavimento, luminarias, riego, mobiliario urbano, ademais de engadir prazas de aparcamento. Neste espazo, colocarase a súa vez un busto do alcalde republicano Martínez Garrido no que "será a homenaxe perenne desta cidade a un rexedor que tanto fixo por Vigo".