Escoitar

O alcalde anuncia que Vigo disporá dunha instalación permanente cuberta para a práctica de deportes urbanos

Abel Caballero indicou esta mañá que Vigo disporá nos primeiros meses de 2015 dun "Marisquiño permanente e cuberto" para a práctica de deportes urbanos o que convertirá a Vigo nun referente internacional nestas disciplinas deportivas e "nesta nova forma de entender a cultura".

mércores, 27 ago 2014
1409143710Marisquinho.jpg
O rexedor municipal fixo este anuncio durante o balance das Festas de verán de Vigo, que foron en palabras do propio alcalde "as mellores da historia da cidade, e as mellores de toda as cidades galegas". Abel Caballero quixo salientar, non so o éxito de participación dos grandes eventos como os concertos de Malú, Jamie Cullum ou Joe Satriani ou O Marisquiño -que conseguiron congregar a miles de persoas procedentes de todolos puntos da xeografía española-, senon tamén das diferentes festas e actividades desenvolvidas en todalas parroquias da cidade. O alcalde suliñou especialmente o éxito da recuperación da tradición dos espectáculos infantís no Auditorio de Castrelos e que congregaron cada día a miles de familias. Caballero quixo tamén facer unha mención especial a Noite Branca dos Museos, unha iniciativa pioneira na historia da cidade e que nesta segunda edición xa é unha tradición cultural.

O rexedor quixo lembrar que O Marisquiño ten acadado nos últimos anos e grazas o apoio incondicional do Concello de Vigo unha dimensión e proxección internacionais cun beneficio económico para a cidade moi importante e cunha ocupación hoteleira próxima o 100% durante a celebración deste evento. Por todo esto, o alcalde indicou que xa deu a orde para iniciar os trámites necesarios para a posta en marcha dunha instalación permanente para a practica de deportes urbanos e que podería estar en marcha no primeiro trimestre do ano 2015.