Caballero define como "orixinal e de permanente esforzo" a proba atlética 24 horas de Vigo, a fin de semana en Castrelos
Vigo conta cun novo reto atlético que o alcalde da cidade, Abel Caballero, cualificou de "orixinal". Esta vindeira fin de semana, derradeira do mes, dende o mediodía do sábado 30 ao mediodía do domingo 31, o circuíto atlético municipal de Castrelos recibirá as 24 horas de Vigo, unha proba tanto individual como por equipos con prazo de inscripción aberto ata mañá, mércores.
Ás xa coñecidas probas en pista, pedestres ou de trail (polo monte) que proliferan únese agora "unha carreira de resistencia, de vinte e catro horas de permanente esforzo", manifestou o rexedor, quen estivo acompañado na rolda de prensa polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por Eusebio Alén, Ana Andrés de la Iglesia e José Vidal, presidente do club de atletismo Castrelos 20:30 e membros da organización.
A proba, no circuíto dun quilómetro de Castrelos, consistirá en sumar o maior número de voltas a ese percorrido no parque, tanto individual ou por substitucións. A día de hoxe a organización ten preto de 600 inscritos e 48 equipos (de seis a doce atletas) e cubriu o tope marcado de vinte atletas que se lanzarán ao desafío espectacular de correr durante 24 horas. "Faltaba un toque máis no running, conxugar equipos e ultrafondo e tras darlle moitas voltas temos as 24 horas de Vigo", sostivo Vidal.
O evento terá padrino: Asier Cuevas, campión de Europa e cuarto do mundo nos 100 quilómetros. Ademais, haberá un apartado social importante: o Castrelos 20:30 doará unha "handbike" a un proxecto solidario con persoas discapacitadas para que estas poidan realizar o Camiño de Santiago.
Descargar todas as imaxes