Escoitar

O rexedor confía na consolidación do repunte turístico deste verán na cidade

Abel Caballero explicou hoxe que os datos parecen confirmar que o mes de agosto será positivo en termos turísticos. Así se desprenden da información do Centro Municipal de Recepción de Visitantes que amosan en xullo un incremento de máis dun 17% respecto do ano anterior.

luns, 25 ago 2014
Os datos do Centro de Recepción de Visitantes parecen sinalar que Vigo vai ter un mes "bo" mes de agosto en termos turísticos, "unha gran noticia" para que o sector servizos atope de novo u seu espazo no desenvolvemento e na economía. Antes de amosar a súa "confianza" en que este repunte sexa o "inicio dunha época nova", o rexedor explicou que no 2013 (meses de xullo e agosto) o número de visitantes foi de 6.282, mentres que, este ano, contando só ata o 15 de agosto, a cifra é de 5.820 turistas. No mes de xullo detectouse un incremento de visitantes dun 17% respecto a 2013.