Escoitar

O goberno local incrementa en 100.000 euros a partida para axudas de emerxencia social

Abel Caballero anunciou esta mañá que a partida para axudas de emerxencia social aumentará ata os 545.000 euros, unha vez o goberno local aprobou una suba de 100.000 euros. Ata o momento, entregáronse 2.600 achegas para luz, auga, aluguer o gastos médicos, ademais de 150 tarxetas para alimentación.

luns, 25 ago 2014
O goberno local aprobou hoxe incrementar en 100.000 euros a partida para emerxencia social, de xeito que o orzamento ascende a 545.000 euros. Segundo explicou o rexedor, xa se distribuiron os 445.000 euros repartidos ata este momento nunhas 2.600 axudas para luz, auga, aluguer ou gastos médicos, sen esquecer unhas 150 tarxetas para alimentos. Respecto ao ano pasado, o orzamento aumentou en 2014 case un 12% para Protección e Promoción social, pasando de 17 a 19 millóns de euros.

Pormenorizadamente, detellou, hai que mencionar os 2 millóns de euros que se adican para axudar a pagar a enerxía, alimentación e vivenda; 2,9 millóns para prestación de servizo no fogar, 516.000 euros do programa de menores; 80.000 euros para Xantar na casa; 663.548 euros para o albuergue; 40.000 euros para axudas a medicamentos; 223.060 euros para comedores sociais (Afan: 55.000; Convenio Misioneros: 57.060; Comedor da Esperanza: 23.000; Vida Digna: 45.000 e Banco de Alimentos: 43.000 euros). Os servizos de Cedro, sufragados prácticamente na súa totalidade polo Concello reciben 1,5 millóns e as bolsas de comedor superaron o 1,8 millóns de euros. Esta partida experimentou unha suba de 200.000 euros respecto ao ano pasado, cun incremento dun 10% e, puntualizou, "por primeira vez non hai listas de espera".