Escoitar

Caballero felicita a Chano Rodríguez polas súas medallas nos Europeos de natación e confirma o interese do Concello en apoialo no Mundial

Sebastián Rodríguez, "Chano", foi recibido hoxe polo alcalde da cidade, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que o felicitaron polos seus éxitos nos Campionatos de Europa de natación celebrados este mes en Eindhoven.

venres, 22 ago 2014
1408712245chano.JPG
O nadador paralímpico relatou aos políticos como foi a súa traxectoria durante a semana de competición en Holanda, e amosoulles as súas medallas, especialmente o ouro dos 50 metros libres, a proba que dende o ano 2000 nos Xogos de Sydney adica á cidade de Vigo.

O Concello segue a estudar o patrocinio de "Chano" cara ao Mundial e o alcalde manifestou ao deportista que seguira con interese a traxectoria do nadador nos Europeos.

"Chano" prometeu a Caballero "traballo e esforzo para os Mundiais de Glasgow en 2015", e considerou que "será un éxito total" rematar os Mundiais "no podio".
Descargar todas as imaxes