Escoitar

O I Trofeo Concello de Vigo de Fútbol Sala celébrase este venres no pavillón de Navia

A primeira edición deste certame terá lugar mañá venres no pavillón de Navia, un torneo que se disputará ás 20:30h a partido único entre o Santiago Futsal (de Primeira División) e un combinado de xogadores do Talleres ABC Vigo Fútbol Sala e do Escuelas Deportivas Vigo 2015.

xoves, 21 ago 2014
1408622633futbolsala.JPG
Vigo é unha das cidades españolas con maior número de practicantes de fútbol sala, tanto de idade adulta como en deporte de base, o que motivou a decisión de celebrar este Trofeo, organizado pola Academia Red Blue Vigo 2015 -cuxos representantes mantiveron esta mañá unha reunión co alcalde- coa colaboración do Concello de Vigo. No descanso do encontro celebrarase un partido de prebenxamíns.
Descargar todas as imaxes