Caballero salienta que en dous anos o IBI baixará un 3% en Vigo, "a maior baixada que houbo nunca en España"
O alcalde de Vigo explicou esta mañá que entre xaneiro de 2013 e xaneiro de 2015 o Imposto de Bens Inmobles experimentará en Vigo unha rebaixa dun 3%. A diminución dun 1,4% que se aplicará no próximo exercicio, hai que sumar a rebaixa en térmos reais experimentada coa conxelación da tarifa aplicada este 2014.
O rexedor anunciou hoxe mércores que o próximo ano os vigueses pagarán un 1,4% menos de IBI en todas as vivendas ou locais. Tal e como detallou, este ano incorporáronse ao padrón 554 vivendas que non figuraban de alta e a débeda tributaria pasou de 63.300 a 63.700, un incremento atribuido ao aumento de censo dado que houbo unha conxelación da tarifa polo que os contribuintes pagaron a mesma cantidade que no 2013. Por tanto, engadiu, esta diminución será dun 3% en 2015, no que supón a "maior baixada do IBI que houbo nunca en España". O rexedor avanzou que o obxectivo é que "Vigo sega a ser o municipio con menor presión fiscal de España e coa menor débeda tributaria -só superada por Bilbao, que ten réxime foral- e mantendo o un "alto nivel de investimento", concluiu.
Descargar todas as imaxes