Caballero dalle a benvida á nova xunta directiva da Asociación de veciños de San Miguel de Oia
O alcalde de Vigo deulle a benvida aos novos reponsables da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia ao tempo que lles ratificou a vontade do Concello de seguir a cooperar coa parroquia. Durante un encontro que mantiveron esta mañá o rexedor comprometeuse a estudar os proxectos que lle trasladaron e que se irán concretando con posteriores reunións cos concelleiros de cada área.