Escoitar

O Concello coopera coas actividades da Asociación de Xordos de Vigo con 26.000 euros

Abel Caballero asinou este luns un convenio de colaboración por valor de 6.000 euros coa Asociación de Xordos de Vigo, unha aportación que se suma a outra de 20.000 euros outorgada polo Concello hai semanas para "facilitar a vida diaria de tantas persoas deste colectivo que precisan de intérprete de lingua de signos".

luns, 18 ago 2014
1408361866convenio.JPG
Un convenio de colaboración co Concello dotado con 6.000 euros permitirá á Asociación de Xordos de Vigo asumir os gastos derivados da contratación dun intérprete de lingua de signos. A esta achega súmase outra de 20.000 euros que alcalde e reponsable da asociación asinaron a finais do pasado mes de xullo, co mesmo obxectivo. Caballero explicou que esta cooperación municipal vai dirixida a "facilitar a vida diaria de tantas persoas deste colectivo que precisan de intérprete de lingua de signos".
Descargar todas as imaxes