Escoitar

O goberno local finalizará este ano a rehabilitación do entorno das prazas de Argüelles e Princesa

Abel Caballero anunciou este xoves a aprobación do expediente de contratación da mellora e rehabilitación das prazas da Princesa e Argüelles e a conexión entre ambas, incluindo a supresión dos locais comerciais baixo as escaleiras. Os traballos comezarán a finais de setembro ou comezos de outubro para rematar antes de concluir o ano.

xoves, 14 ago 2014
Trátase dun "proxecto importantísimo", en verbas de Abel Caballero, que fará posible "volver a por en marcha o corazón do Casco Vello de Vigo". O proxecto contratado inclúe a remodelación e mellora da praza da Princesa e da praza de Argüelles, tamén a subida á mesma incluindo a supresión dos comercios.

As obras -orzamentadas en 350.000 euros- darán comezo a finais do mes de setembro ou inicios de outubro e se estima a súa finalización para antes de rematar o presente ano. É un "proxecto de mellora e rehabilitación excepcional do verdadeiro corazón do Casco Vello de Vigo", apuntou o rexedor, quen engadiu que "queremos que a cidade recupere ese espazo" grazas a esta actuación.