O Concello subvenciona con 15.000 euros o aluguer do local da Fundación Igualarte
Abel Caballero asinou un convenio de colaboración coa responsable da Fundación Igualarte por importe de 15.000 euros para financiar o aluguer do seu local social, en Casiano Martínez. Esta asociación traballa con persoas con discapacidade e necesidades educativas especiales.
O Concello de Vigo axudará a financiar o aluguer social da Fundación Igualarte, situado en Casiano Martínez, cunha aportación de 15.000 euros, segundo un convenio asinado hoxe mércores entre o alcalde e responsables da entidade. En declaracións aos medios, Caballero subliñou a importancia da labor da Fundación, especializada en traballar con persoas discapacitadas e con necesidades educativas especiais na promoción, deselvolvemento e participación de actividades sociais, culturais, educativas, danza, teatro, plástica e arte.
Respecto da colaboración municipal con este colectivo, o rexedor salientou que "un número significativo" das prazas de campamentos urbáns do Concello van destiñadas a persoas discapacitadas ou con necesidades especiais.
Descargar todas as imaxes