martes, 12 ago 2014
Abel Caballero asinou este martes un convenio cos responsables da Asociación Curva de San Gregorio polo que a administración local achega case 3.000 euros para os cursos de iniciación á informática para maiores que organiza a entidade. O Concello colabora coa Asociación con outros 2.200 euros para obras e equipamentos.
martes, 12 ago 2014
PROCESALIA: CIDADE DE VIGO é un proxecto expositivo de arte contemporánea organizado e producido pola Rede Museística do Concello de Vigo, a realizar en dúas sedes diferentes: A casa das Artes e o Verbum, Casa das Palabras.
martes, 12 ago 2014
As entradas para o concerto V-GO! NEGRO SON, CORO DE WÖYZA, que terá lugar o mércores 20 de agosto ás 21:00 h, no Auditorio Municipal do Concello, poden adquirirse anticipadamente en "Discos Elepé" (Doutor Cadaval, 35) a un prezo de 10€. V-GO! NEGRO SON CORO, o único coro de música negra de Vigo, ofrece un concerto que se incluirá no seu documental "V-GO! THE FILM", que chega agora á súa rodaxe final. O concerto conta coa participación do mestre de gospel Dani Reus.