Escoitar

Caballero visita os traballos de mellora de Cordoeira "na primeira actuación nesta rúa nos últimos cincuenta anos"

O alcalde de Vigo supervisou hoxe luns os traballos de renovación 1,5 metros de tubería que se está a realizar na rúa Cordoeira na que é a primeira actuación nesta zona nos últimos 50 anos. Cun importe de 275.000 euros, renovouse o abastecemento e saneamento, ademáis de asfaltar máis de 2,5 kilómetros.

luns, 11 ago 2014
1407761583cordoeira.JPG
O Concello está a realizar os primeiros traballos de mellora que se acometen na rúa Cordoeira desde hai 50 anos. Así o explicou hoxe o rexedor durante unha visita na cifrou en 275.000 euros o importe destas melloras. Concretamente, renováronse 1,5 km de conduccións de abastecemento e saneamento, colocando sumidoiros, un hidrante contra lume, bocas de rego, ademais de asfaltar máis de 2,5 km2.

Acompañado pola tenente de alcalde e o concelleiro de Fomento, Carmela Silva e David Regades, explicou que esta zona se caracterizaba por un "total abandono en nas redes , con conexións rotas e tuberías de conducción de ferro", consecuencia de máis de medio século de desatención, puntualizou.

Esta actuación "integral", engadiu, inclúe beirarrúas e un paso de peóns resaltado para obrigar a moderar a velocidade.
Descargar todas as imaxes