Escoitar

Abel Caballero define á Regata Martín Códax Rías Baixas como "un dos grandes eventos do país"

O alcalde de Vigo participou este luns no acto de presentación da 51ª edición da Regata Martín Códax Rías Baixas, organizada polo Real Club Náutico e coa colaboración do Concello. A proba terá lugar do 13 ao 16 de agosto, con saída e final no porto vigués e unha participación que se aproxima ao centenar de embarcacións.

luns, 11 ago 2014
1407761496regata.JPG
Afirmou o rexidor, bo coñecedor do mar, que esta regata "é, según di a xente, un dos grandes eventos do país" e apostou polo seu mantemento. "Imos facer que continúe", dixo. Caballero valorou o traballo da actual xunta directiva da sociedade que preside Viviana García, afirmando que "facer esta regata, e dende a humildade, é grandioso" e aprobou a xestión da directiva do Náutico, que "colleu ao club nun momento difícil e o está a equilibrar "contra vento e marea".

O alcalde de Vigo, que aplaudiu o apoio do patrocinio privado, a presenza da Escola Naval Militar de Marín e da Deputación, ao tempo que valorou o difícil que "é ser campión do mundo" (había varios do club na presentación, en apoio de todas as seccións á regata) e manifestou que o gran palmarés da proba, con navegantes de renome, amosa o seu nivel.

Vigo, Sanxenxo, A Pobra do Caramiñal e Combarro son os catro portos de referencia polos que transcorre este ano a Regata Rías Baixas para un total de case 100 millas náuticas de distancia. A primeira etapa, o 13 de agosto, parte de Vigo con final en Sanxenxo, desde onde sairán ao día seguinte en dirección á Pobra. O 15 de agosto terá lugar a etapa raíña coa chegada a Combarro, porto de partida da última etapa con final na cidade olívica.

No acto de presentación da 51ª Regata Martín Códax Rías Baixas estiveron presentes tamén Viviana García -presidenta del club vigués-; Chema Figueroa, vicepresidente da Deputación de Pontevedra; e María Garrido, en representación do principal patrocinador, as Bodegas Rías Baixas. En representación do Concello tamén asistiron ao evento Carmela Silva e Santos Héctor.
Descargar todas as imaxes