Caballero afirma que os campamentos de verán son unha "fórmula espléndida" para a conciliación laboral e familiar
O alcalde visitou este martes o campamento urbano que organiza o Concello na oficina municipal de distrito do Casco Vello. Nas catro sedes toman parte 240 nenos e nenas nos meses de xullo e agosto. Caballero salientou que as 19.500 prazas municipais en actividades durante o verán facilitan a conciliación da vida familiar e laboral.
O Concello organiza campamentos urbanos durante os meses de xullo e agosto nas catro oficinas municipais de distrito -Casco Vello, Saiáns, Teis e Coruxo- dos que toman parte un total de 240 nenos e nenas, de entre 3 e 13 anos de idade, en horario de 10 a 13 horas da mañá.
Trátase dunha "fórmula espléndida", asegurou Caballero, para a conciliación da vida persoal e laboral das familias, e recordou que o Concello dispón para este verán de 19500 prazas en actividades.
Descargar todas as imaxes
Trátase dunha "fórmula espléndida", asegurou Caballero, para a conciliación da vida persoal e laboral das familias, e recordou que o Concello dispón para este verán de 19500 prazas en actividades.