120 traballadores atenden os areais da cidade durante os meses de verán
Abel Caballero cifrou hoxe mércores en 120 os profesionais que atenden as praias de Vigo durante os meses de verán. Así o explicou durante unha visita que realizou esta mañá a unha das brigadas de limpeza de praias que atende Samil.
O Concello de Vigo reúne a 120 traballadores atendendo os arenais de Vigo durante os meses de verán, segundo informou Caballero durante a visita a unha das brigadas de limpeza que opera en Samil. Tal e como detallou, son 17 os membros da brigada de limpeza, 28 operarios para zonas verdes, parques e xardíns, 60 socorristas e 15 axentes de Costa e Praia da Policía Local de Vigo.
Concretamente, a brigada de limpeza de praias conta con 17 traballadores, dos que 10 son operarios, 4 oficiais xardineiros e 3 conductores. Caballero afirmou que "a limpeza e atención ás praias é excepcional" e felicitou a todos os profesionais que conforman o dispositivo municipal de praias pola súa tarefa.
Descargar todas as imaxes