Caballero cifra en 540.000 euros o investimento municipal en reformas nos colexios este ano
Nunha visita ás obras de mellora do CEIP Frian Teis, o alcalde explicou que o Concello adica en 2014 un total de 540.000 euros a reformas en 45 centros educativos da cidade. Subliñou Caballero os 300.000 euros destinados pola administración local á mellora da accesibilidade aos colexios.
45 centros educativos da cidade se benefician dos traballos de reforma que executa o Concello de Vigo ao longo deste ano, cun investimento total de 540.000 euros. Así o indicou Caballero, durante unha visita ao CEIP Frian Teis, onde a administración local destina máis de 45.000 euros para pintado da zona polideportiva, reparacións nas acometidas de auga, limpeza e desbroce, o acondicionamento do aparcamento superior e a mellora da accesibilidade.
Os traballos en materia de accesibilidade aos centros educativos levan a maior parte do investimento municipal de 2014 para estas reformas, un total de 300.000 euros. Caballero avanzou que o Concello acomete actualmente obras nunha veintena de colexios cun orzamento superior aos 100.000 euros. Durante o primeiro semestre do ano, o goberno de Vigo xa realizou melloras en colexios por outros 100.000 euros.
As obras nas que traballa o Concello durante o mes de agosto nos colexios son, en liñas xerais, de reforma e adaptación de aseos, de reparación de beirarrúas, pavimento e escaleiras de acceso, de acondicionamentos diversos, de reparación de hortas escolares e de pintado de instalacións como as deportivas ou circuitos de educación viaria, entre outras.
O "apoio" ao ensino público "é a nosa vocación", asegurou Abel Caballero durante a visita, como amosa que a concelleira de Educación, Olga Alonso, efectúa a súa labor sen dedicación nin retribución porque segue de directora do colexio Frian Teis, decisión que "avalo e respaldo".
Descargar todas as imaxes