Concello e Celta renovan o acordo para dar 1.600 entradas a escolares, discapacitados e desempregados
Segundo explicou Abel Caballero hoxe xoves, o goberno de Vigo aprobou as bases e convocatoria da subvención para renovar, por outra tempada, a chamada grada Concello-Celta, 1.600 entradas a partidos do Real Club Celta en Balaídos para escolares, discapacitados, persoas con dificultades económicas e voluntarios.
A antiga grada de Fondo rebautizouse a pasada tempada como Grada Concello-Celta en virtude dun acordo alcanzado por ambas partes que terá continuidade no curso deportivo que comeza. O goberno local ven de aprobar as bases e a convocatoria da subvención, cun importe de 169.400 euros.
Do total de entradas que serán repartidas de balde nos partidos do Celta de Liga e Copa, 1.300 serán para escolares, unhas 45 para persoas con discapacidade, sobre 300 para xente en dificultades económicas e 20 ou 30 para voluntarios do Concello. Unha vez aprobadas as bases, avanzou Caballero, o Concello ten en marcha o procedemento para a compra das entradas.
Caballero amosouse satisfeito con este proxecto deportivo, valorou este acordou como unha "forma de facer accesible o fútbol a xente que non podería" e recordou que, na pasada tempada, a grada "tivo sempre un nivel de ocupación altísimo".