xoves, 21 ago 2014
O alcalde avanzou hoxe xoves que nunha semana unha lona cun cadro de Lugrís tapará unha medianera (parede descuberta) dun edificio situado entre Príncipe e a Porta do Sol. Esta é a primeira acción, dixo, dun plan, que, ao lado das humanizacións, prevé a recuperación da cidade para acabar co feismo froito de moitos anos aplicar un urbanismo "lamentable"
xoves, 21 ago 2014
Na tarde deste xoves ten lugar a primeira das tres visitas guiadas e teatralizadas ao Centro de Interpretación do Mundo Romano de Mirambel, en Toralla, segundo anunciou hoxe o alcalde. As visitas serán este xoves e os dous próximos, de 19 a 21h. Caballero animou á cidadanía a coñecer esta "peza histórica tan importante do mundo romano en Vigo".
xoves, 21 ago 2014
Caballero anunciou hoxe xoves que o goberno local inicia o reparto das entradas da grada Concello-Celta no estadio municipal de Balaídos a distintos colectivos (desempregados, escolares, voluntarios...), para o primeiro partido de Liga. Os parados poden conseguir a súa entrada desde mañá venres, a partires das 9h, na lonxa do Concello.
xoves, 21 ago 2014
A primeira edición deste certame terá lugar mañá venres no pavillón de Navia, un torneo que se disputará ás 20:30h a partido único entre o Santiago Futsal (de Primeira División) e un combinado de xogadores do Talleres ABC Vigo Fútbol Sala e do Escuelas Deportivas Vigo 2015.
xoves, 21 ago 2014
O parque de Navia acolle os días 22, 23 e 24 de agosto, a terceira edición de "Vicus Spacorum" , festa de recreación da época romana con diferentes actividades culturais. O evento forma parte do programa de Vigo en Festas 2014.