Escoitar

O Concello inicia a entrega das 1600 entradas da grada de Fondo para o Celta-Getafe do domingo

Caballero anunciou hoxe xoves que o goberno local inicia o reparto das entradas da grada Concello-Celta no estadio municipal de Balaídos a distintos colectivos (desempregados, escolares, voluntarios...), para o primeiro partido de Liga. Os parados poden conseguir a súa entrada desde mañá venres, a partires das 9h, na lonxa do Concello.

xoves, 21 ago 2014
Tras a aprobación das bases e da convocatoria para renovar un ano máis a grada Concello-Celta, o goberno local comeza a entrega dos 1.600 pases para o primeiro partido de Liga, que enfronta este domingo ao Celta co Getafe.

Tal e como se procedeu na pasada tempada, o Concello fai entrega das entradas a colectivos escolares, desempregados, discapacitados e voluntarios, abríndose a lonxa do Concello para a retirada das mesmas a partires das 9 horas de mañá venres. No caso dos nenos, ao non ter comezado o colexio, o reparto farase a través dos campamentos de verán da cidade.