O goberno local inicia en Príncipe un plan adecentar medianeras por toda a cidade
O alcalde avanzou hoxe xoves que nunha semana unha lona cun cadro de Lugrís tapará unha medianera (parede descuberta) dun edificio situado entre Príncipe e a Porta do Sol. Esta é a primeira acción, dixo, dun plan, que, ao lado das humanizacións, prevé a recuperación da cidade para acabar co feismo froito de moitos anos aplicar un urbanismo "lamentable"
O próximo luns 25 comezarán os traballos para colocar a andamiaxe e a grúa sobre a que un pintor muralista traballará na lona que vai cubrir a medianera amarelo chillón dun edificio sitiuado entre Príncipe e a Porta do Sol. Concretamente, reproducirase a obra chamada Fiestra, de Urbano Lugrís, no que tamén pretende ser unha homenaxe a un artista moi arraigado á cidade, cando se cumpliron catro décadas desde a súa morte.
A partir dese momento, explicou o rexedor, estenderáse esta práctica por toda a cidade, con moitos pintores e grupos de artistas que participarán nun proxecto que, tal e como explicou, ten como obxectivo a recuperación e acondicionamento de moitos edificios de Vigo para acabar co feísmo consecuencia da aplicación dun urbanismo "lamentable" durante décadas nesta cidade.
Descargar todas as imaxes