O Concello dota con 60.000 euros un plan adaptar os pasos de peóns a persoas con discapacidade
O alcalde de Vigo deu conta esta mañá do plan inciado polo Concello para adaptar os pasos de peóns a persoas con discapacidade. Cun orzamento de 60.000 euros, o plan prevé a realización de rampas que salven o desnivel existente entre as beirarrúas e o pavimento da calzada.
Dentro do Plan de supresión de barreiras arquitectónicas en vía públicas, o Concello está a executar un proxecto para adaptar os pasos de peóns a persoas con discapacidade. Cun orzamento de 60.000 euros, se realizarán rampas que salven o desnivel existente entre a beirarrúa e a zona de circulación de vehículos, substituíndo tamén a baldosa existente por un material táctil, liso e direccional. Este plan estenderase por toda a cidade, desde Castelao á Florida, incluindo ducias de rúas, explicou o rexedor.
Por outra banda, explicou o rexedor en rolda de prensa, o Concello prosegue co repintado da sinalización horizontal que se ven realizando por toda a cidade. Tal e como explicou, o orzamento ascende a 200.000 euros e nestes momentos estase a piques de comezar o repintado das rúas Uruguay, Túnel de Gran Vía-Pizarro e, cando se realiza a humanización, García Barbón. Xa son moitas as rúas nas que se renovou a sinalización horizontal, entre as que destacan: Cachamuiña; Camelias (entre Plaza de América e Independencia); Praza América; Caracas; Gaiteiro Ricardo Portela; Tomás Paredes; Túnel Gran Vía Camelias; Doutor Corbal; Severino Cobas; Coruña; Gran Vía; Marqués de Alcedo; Samil; Castelao; Avenida Europa e Tomás Alonso.
O rexedor engadiu que este plan inclúe a colocación de pasos adiantados para motos sempre que é posible, o que fomenta a fluidez do tráfico, un obxectivo que tamén se persegue con outras medidas implementadas polo Concello como que as motos poidan usar o carril bus ou o aumento de prazas de aparcamento, medidas todas enmarcadas dentro un Plan de potenciación de uso de motocicletas.
Descargar todas as imaxes