O alcalde saúda "con entusiasmo" o bautizo co nome de Illas Cíes dun avión de Air Nostrum
Abel Caballlero presenciou hoxe luns o bautizo dun reactor de Air Nostrum co nome de Illas Cíes, nun claro respaldo para que a Unesco declare ao archipiélago como Patrimonio da Humanidade. Así o recoñeceu o rexedor, quen agradeceu a compañía este compromiso e súa "fidelidade continua durante 18 anos".
Desde hoxe, un reactor CRJ900 luce o nome de Illas Cíes sobre a ventá da cabina e leva xunto a porta de accesos da pasaxe un icono as illas como respaldo á solicitude á Unesco de ser declarado Patrimonio da Humanidade. Antes do bautismo, un xesto que o rexedor saudou "con entusiasmo", Caballero agradeceu a Air Nostrum a súa "fidelidade continua durante 18 anos", con destiños importantes para a cidade como Canarias ou Bilbao. Ratificou a aposta da cidade polo turismo e destacou que "ningunha gran cidade industrial pode selo se non ten un gran aeroporto". Neste senso abogou por superar competencias desleais, permitindo a cada aeroporto demostrar as súas propias capacidades.
O bautismo oficial tivo lugar na plataforma do aeroporto de Vigo nun acto no que, ademais de Abel Caballero, participaron Javier Yagüe, director en funcións e o director de comunicación de Air Nostrum, Antonio de No.
Promoción turística
O rexedor deu conta da aprobación do concurso de promoción turística da cidade en novos destiños, cunha duración de 4 anos e un importe de 3,5 millóns. Co obxectivo de que so pasaxeiros poidan viaxar desde Vigo, o goberno local deu luz verde a un plan que permitirá investir este ano 400.000 euros, 1,2 millóns en 2015; 1.089.000 euros en 2016 e 847.000 euros en 2017. Segundo detallou, a promoción estará vencellada a Un Mar de Vigo, Un Mar de Natureza, Un Mar de Sabores, Un Mar de Cultura, Un Mar de Náutica, Un Mar de Noites e , por último, coa Ría de Vigo.
O obxectivo, explicou, é atraer turismo, novos avións que operen novos destiños en España e no ámbito internacioanal. Neste punto, reitierou a importancia de suprimir a competencia desleal, nun contexto no que o aeroporto de Vigo está a experimentar un incremento de actividade froito do incipiente desegue da economía e da nova oferta de destiños o que demostra que "cando se ofertan vóos desde Vigo, a xente os usa".
Descargar todas as imaxes