Escoitar

O goberno local aproba proxectos de humanización por valor de 3,3 millóns

O alcalde Vigo cifrou hoxe en 3,3 millóns de euros o importe dos proxectos de humanización que a Xunta de Goberno Local ven de aprobar e que contemplan obras de mellora no centro e no rural da cidade. Tamén se deu luz verde ao proyecto para cubrir as escaleiras de II República.

martes, 19 ago 2014
1408449073Imagen010.jpg
O alcalde deu conta da aprobación de proxectos de humanización por valor de 3,3 millóns, de xeito que se continúa coa "revolución e acondicionamento da cidade e coa xeración de centos de postos de traballo". O montante destes proxectos ascende a 3,3 millóns de euros con obras que se estenden por distintas zonas do rural e do centro.

En primeiro lugar, referiuse aos proxectos de renovacion de abastecemento, por valor de 2,3 millóns, das seguintes zonas: Avenida Atlántida, entre o 30 e o 52 (60.000 euros); Tomás Alonso -20 metros de beirarrúa pendentes da humanización, á altura do número 188- (60.000 euros); rúa Burgos (360.000 euros); García Barbón (fase inicial 1,6 millones); Calexón dos Caños (50.000 euros) e Mestré Chané e Montecelo Alto (262.000 euros). Segundo indicou, está previsto que estes proxectos estean rematados antes de finais destes mes de agosto.

O rexedor tamén deu conta da aprobación do investimento de 566.000 euros nos seguintes proxectos de humanización: Avenida Castrelos -entre avenida Portanet e Clara Campoamor
(232.000 euros); rúa Saa-Beade (97.000 euros); Ramón Nieto -fronte ol Mercado de Cabral (150.000 euros); ensanche do estreito da Pividal, na avenida de Santa Mariña (87.000 euros. O prazo de execución destes traballos será duns tres ou catro meses.

Tamén se aprobaron obras de abastecemento da rúa Ferradura-Sampaio, cun custo de 28.000 euros, así como o proxecto de cuberta da escaleira mecánica de II República, cun custo de 320.000 euros.
Descargar todas as imaxes