O Gran Premio Cidade de Vigo, esta fin de semana, "marca unha parte da historia do ciclismo", di Caballero
O mes de agosto pecha coa 41 edición do Gran Premio Cidade de Vigo-Díptico Ciclista de Galicia, coa organización do Club Ciclista Vigués-Autronic e o patrocinio do Concello de Vigo, que ten "unha relación fluída co club", indicou Caballero. <br />
O mellor ciclismo afeccionado elite e sub 23 vaise dar cita en Vigo con equipos de Galicia (cinco), Asturias (un), Castela_León (un) e Portugal (dous). "Queremos seguir promocionando o ciclismo en Vigo", asegurou o alcalde da cidade, Abel Caballero.
As carreiras, en dous días (sábado 30 polo centro e domingo 31 co monte do Castro como referencia), manterán o espectáculo do ciclismo no corazón da cidade. "Atraemos a moita xente así para ver o percorrido", dixo Carlos Vidal, presidente do club, que acudiu acompañado por varias promesas do ciclismo local e un dos adestradores, Noé Rodríguez, á presentación con Caballero e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández.
O Díptico ofrece variedade de probas ao longo das súas dúas xornadas. O sábado, dende as 19:00 horas, os preto de 190 ciclistas (aínda falta por confirmar un conxunto francés) terán que encarar unha carreira no centro.
O domingo, afrontan dúas probas máis a partires das 9:30 horas, unha cronoescalada individual de 3,5 quilómetros, dende a Porta do Sol e con final no Castro (rúa Manuel Olivié), e unha carreira de fondo no circuíto do Castro para mulleres e cadetes, unha aportación extra ao cartel doutros anos, explicouse dende o club.
Caballero sinalou que esta é "unha proba de moita tradición que marca unha parte importante da historia do ciclismo en Galicia", e animou á xente a seguila á espera días despois da Volta Ciclista a España.
Descargar todas as imaxes