O Concello arranca cunha pintura de Lugrís en Príncipe un plan para cubrir 150 medianeiras en toda a cidade
O alcalde de Vigo avanzou que o Concello xa ten seleccionadas unhas 150 medianeiras en toda a cidade para ser cubertas con pintura mural. Logo de presenciar esta mañá o inicio dos traballos de pintura da parede dun edificio en Príncipe na que vai lucir unha lona que reproduce a obra Fiestra do artista Urbano Lugrís.
O alcalde presenciou esta mañá o inicio do pintado dunha medianeira en Príncipe, na que vai ser o primeira actuación dun conxunto de máis de 150 paredes que xa foron seleccionadas polo Concello no centro e nas parroquias para formar parte deste proxecto de adecentamento para o que o Concello adicará o ano que ven preto de medio millón de euros.
Na medianeira do edificio da rúa Príncipe, os traballos realizaránse sobre unha lona, por cuestións técnicas e, segundo o artista, Luis Olaso, estará rematado nuns dez días. O orzamento supera os vinte mil euros e a obra, Fiestra, é de Urbarno Lugrís, "un pintor moi ligado a nosa cidade ao que lle queremos rendir homenaxe cando se cumpriron 40 anos desde o seu falecemento".
O rexodor explicou que van falar coas comunidades de propietarios aos efectos de obter autorización e avanzou que o Concello xa ten seleccionadas unhas 150 medianeiras, entre as que destacou a parte baixa da Pinacoteca ou un edificio no remate de Alcalde Portanet coa Avenida de Castrelos que "nunca debeu ser construido e que tapa as vistas do parque desde Arquitecto Palacios". Trátase dixo, de estender esta práctica a toda a cidade, "que a pintura mural sexa en Vigo un paseo cultural para toda Galicia.
O Concello correrá cos gastos e as temáticas e os modelos serán elixidos en colaboración con colectivos como Outro Vigo é posible, Emaús e e distintos grupos de artistas. O obxectivo, engadiu Caballero, é levar adiante esta nova ruta de desenvolvemento cultural en Vigo. seguindo a outras cidades como Lyon, Berlín, Barcelona ou Bos Aires, exemplificou.
Descargar todas as imaxes