Escoitar

Caballero "síntese honradísimo" de ser sucesor de Martínez Garrido, Blein Budiño e Antela Conde, alcaldes asasinados polo fascismo

Abel Caballero presidiu hoxe mércores a homenaxe institucional que o Concello rendiu a Martínez Garrido, Blein Budiño e Antela Conde, alcaldes democráticos fusilados no 36. Durante o discurso, sinalou que o único delicto destes responsables políticos elexidos democráticamente foi estar preto da xente con dificultades.

mércores, 27 ago 2014
1409143289HOMENAJEPEREIRO.JPG
O Concello de Vigo rendiu esta mañá unha homenaxe institucional á memoria dos alcaldes Emilio Martínez Garrido, Enrique Blein Budiño, e José Antela Conde, tres loitadores pola libertade, elexidos democráticamente polos cidadáns e asasinados polo fascismo no 36. Martínez Garrido era alcalde de Vigo no momento do golpe fascista e Antela Conde era alcalde de Lavadores e ambos foron fusilados o 27 de agosto do 36. Blein Budiño foi o primeiro alcalde de Vigo na II República e foi fusilado en decembro de 1936.

Estes rexedores foron represaliados e fusilados e están no recordo e na memoria da cidade e "síntontome honradísimo de suceder a estes alcaldes exemplares que deron a súa vida por defender a democracia", apuntou.

Durante a homenaxe, Caballero explicou que estes responsables políticos foron asasinados por estar preto da xente con dificultades, dos que os elixiron democráticamente. A este respecto fixo referencia as políticas sociais e de emprego que se están a desenvolver nestes momentos desde o Concello, porque o actual goberno local tamén está preto dos cidadáns e das súas necesidades, tal e como fixeran no seu momento eses alcaldes asasinados polo fascismo.

Ao acto, ademais dos membros da corporación municipal, asistiron familiares de Emilio Martínez Garrido e José Antela Conde.

Descargar todas as imaxes