O goberno de Vigo inviste un millón de euros no Plan Verde, con accións en Navia, Florida, a senda da auga e o paseo do Lagares

luns, 4 mai 2015

O alcalde de Vigo informou da aprobación en Xunta de Goberno Local de catro propostas medioambientais incluídas no Plan Verde municipal: a mellora ambiental na Florida, a reforma da senda da auga, o parque de enerxías renovables en Navia e a adecuación do paseo fluvial do Lagares. Abel Caballero avanzou que as obras darán comezo entre ésta e a próxima semana, sumando un investimento de 960.000 euros.

Ao longo deste mes concluirán 20 melloras que o goberno de Vigo executa no centro e no rural

mércores, 22 abr 2015

O edil de Fomento informou das datas de finalización prevista para as reformas en marcha e de comezo dos traballos planificados. Segundo expuxo Regades, as obras de Ramón Nieto, Santa Marina, Pedreira, Manuel Costas Bastos, Subida á Madroa, Subida á Monteira, Seixo, Roteas de Abaixo e Subida (Sampaio), Gandarón, Camiño Fermín, Camiño Gándara, Camiño do Fondo, o acceso ao pavillón de Coruxo e a cuberta das escaleiras mecánicas quedarán abertas ao longo desta semana.

O goberno local data para maio e xuño a finalización de tres obras no centro e no rural vigués

luns, 23 mar 2015

A Xunta de Goberno Local celebrada este luns, segundo informou a tenente de alcalde, Carmela Silva, deu luz verde aos programas de traballo e plans de control de calidade da cuberta das escaleiras mecánicas de II República, a mellora da rúa Saa-Beade e a humanización da Avenida Hispanidade, entre Zamora e Gran Vía, que concluirán entre maio e xuño. "Humanizamos o centro e tamén humanizamos o rural", salientou Silva.

O goberno de Vigo abre unha nova e artística Praza de Martínez Garrido

xoves, 19 mar 2015

O alcalde, acompañado por membros do seu goberno, inaugurou este xoves esta nova praza que, ademais da humanización do espazo, conta cun mural de 60 metros e unha escultura do artista Nelson Villalobos en homenaxe ao alcalde fusilado no 36 que da nome á Avenida. Caballero indicou que hoxe mesmo comezan os artistas o seu traballo para mellorar 13 medianeras da cidade.