Caballero solicita a Fomento que adecente a Avenida de Madrid se non transfire este vial con partida orzamentaria
O rexedor reiterou hoxe mércores a petición do Concello ao Ministerio de Fomento de que lle transfira a Avenida de Madrid con partida orzamentaria, tal e como determina a norma. En todo caso, e se a resposta fora negativa, o alcalde insta á ministra Ana Pastor, a través dunha carta, que como titular do vial adecente esta importante entrada a Vigo.
O alcalde envioulle outra carta a ministra de Fomento reclamándolle a transferencia da Avenida de Madrid coa correspondente partida orzamentaria, tal e como determina a norma. Na súa opinión, Vigo non vai tolerar un trato "negativo" xa que o Ministerio de Fomento ten obriga de transferir os viais cunha compensación económica que ven determinada polo número de metros cadrados cedidos.
En todo caso e baixo a previsión de que o Ministerio se nege a achegar esa contraprestación económica, o rexedor solicita a Ana Pastor que adecente esta transitada entrada á cidade, tendo en conta que o Concello iniciará en breve a remodelación dos dous viais exteriores, de competencia municipal. En concreto, detallou, solicítase que se eliminen as vallas de ferro, que se sustitúan os separadores de cemento por medianeiras con zona verde e, a lo menos, unha redonda na confluencia coa rúa Do Loureiro (onde está a Escola de Negocios).