Caballero ratifica a "vontade de cooperación" do Concello na loita contra o alzheimer
O alcalde participou este martes na rolda de presentación do Día Mundial do Alzheimer xunto ao presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez. O domingo, 21 de setembro, será a xornada central dunha semana de actividades para a reflexión e concienciación cidadá. Caballero indicou que o alzheimer é unha "loita" na que "nos temos que involucrar todos".
Xunto á concelleira de Benestar, Isaura Abelairas, o rexedor vigués explicou que unhas 17.000 persoas padecen algun tipo de demencia en Vigo e a súa área e chamou a "involucrar" a todas as entidades, públicas e privadas, na atención e sensibilización ante esta enfermidade.
As conferencias e debates programadas afondarán nas formas "sociais e médico-científicas" de enfocar o alzheimer e ver os "mecanismos de cooperación que podemos levar adiante", sinalou Caballero, para que a cuestión sexa centro de atención constante e "non so durante unha semana".
Juan Carlos Rodríguez, pola súa banda, alertou dos riscos que teñen os recortes en atención sociosanitaria, que reducen a calidade de vida dos enfermos e os seus familiares. A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, Afaga, pide compromiso político para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas facilitando as axudas e recursos necesarios, e solidariedade cidadá para apoiar o colectivo. Os continuos recortes na Lei de Dependencia están a afectar directamente ás familias galegas que teñen unha persoa dependente ao seu cargo, poñéndoos en moitos casos en situacións económicas complicadas, mesmo en situacións de necesidade extrema.
Accións
Para conmemorar o Día Mundial, Afaga desenvolverá unha serie de actividades para difundir información sobre a enfermidade e concienciar a poboación. O Dr. Pablo Martínez-Lage, neurólogo da Fundación CITA-Alzheimer Fundazioa e coordinador do proxecto Know Alzheimer, impartirá a conferencia 'Alzheimer, a importancia do diagnóstico a tempo para o enfermo e o coidador', unha charla que terá lugar o xoves, 18 de setembro, no Auditorio Municipal do Areal (antigo Reitorado), ás 19,30 horas.
O martes, 16 de setembro, haberá un debate aberto 'A enfermidade de Alzheimer; preguntas e respostas', coa participación de profesionais do ámbito científico e médico, así como representantes de persoas enfermos e familiares (Lugar: salón de actos do Hospital Xeral de Vigo, ás 18.00 horas)
Tamén estarán as mesas informativas na zona peonil do Calvario, en Vigo, o venres, día 19 de setembro, dende as 10.30 ata as 14.00 horas. Xunto ás mesas instalarase a Margarida dos Recordos, un mural no que os viandantes poderán deixar as súas frases, pensamentos, ideas, dirixidas ás persoas que padecen enfermidades neurodexenerativas e aos seus familiares. A margarida con todas as frases será difundida despois a través da web e as redes sociais.
Por último, o venres, 26 de setembro, AFAGA celebrará a excursión 'Día do Coidador', unha xornada de convivencia, ocio e relax en Monçao (Portugal).
Descargar todas as imaxes