luns, 15 setembro 2014

O alcalde avanza que en dous anos e medio estará rematada a remodelación de Balaídos

En dous anos e medio poderá estar rematada a remodelación de Balaídos, unhas obras que ascenden a preto de 30 millóns de euros, segundo explicou esta mañá o rexedor logo de manter un encontro con Rafael Louzán para concretar a aportación da administración provincial ao proxecto. Caballero amosou a súa "satisfacción" porque "xa hai recursos suficientes para acometer uns traballos pendentes na cidade desde hai 30 anos".

O alcalde participa na inauguración do II Simposio Científico Internacional para a Innovación da Industria Marina e Alimentaria

luns, 15 set 2014

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou esta mañá na xornada inaugural deste simposio que reunirá en Vigo durante os próximos dous dias a empresas, asociacións empresariais, investigadores e asociacións de consumidores para falar dos desafíos acutais en materia de innovación alimentaria para o fomento dunha alimentación saudable.