Escoitar

O alcalde avanza que en dous anos e medio estará rematada a remodelación de Balaídos

En dous anos e medio poderá estar rematada a remodelación de Balaídos, unhas obras que ascenden a preto de 30 millóns de euros, segundo explicou esta mañá o rexedor logo de manter un encontro con Rafael Louzán para concretar a aportación da administración provincial ao proxecto. Caballero amosou a súa "satisfacción" porque "xa hai recursos suficientes para acometer uns traballos pendentes na cidade desde hai 30 anos".

luns, 15 set 2014
1410787401Louzan.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, mantiveron esta mañá un encontro no que se concretou a participación do organismo provincial na reforma do estadio municipal de Balaídos. Rematada a reunión, Caballero compareceu antes os medios asegurando que o Concello está en condicións de garantir as obras do estadio, ao tempo que amosaba a súa "satisfacción" polo acordo acadado coa Deputación. Adiantou que a semana que ven manterá unha reunión coa delegada de Zona Franca para tratar de incluir a esta administración nesta cooperación e fixo un chamamento á Xunta para que resposte á petición de coloboración que se lle trasladou desde o Concello. En todo caso, o rexedor sinalou que "xa hai recursos suficientes" para afrontar as obras e felicitouse porque "cando a cidade se prantexa un tema importante, non hai quen a pare". Respecto da achegas do organismo provincial, Caballero ratificou, tal e como anunciara días atrás, a aceptación da proposta de Rafael Louzán de contribuir nas mesmas cantidades que o fai o Concello, aínda que Caballero lle solicitou durante o encontro que sufragara o 55% do custe, tal e como fixera co estadio de Pontevedra.

A reforma integral de Balaídos, que se prevé rematada en dous anos e medio, suporá un investimento de 29.453.000 euros, dos que o Concello xa consignou 1.365.000 euros este ano, e ten previsto achegar outros 4 aproximadamente o ano que ven, polo que a Deputación fará o mesmo prantexamento. En detalle, a grada de Río ten un custo de 4 millóns, a de Tribuna, 6,7 millóns, Marcador, 9,3 millóns e Gol, 9,3 millóns. Respecto do aforo, este incrementaráse ata as 31.000 persoas. Tal e como explicou Caballero, as obras incluirán novas de zonas de aparcamento, así como a humanización de todo o entorno. No tocante aos prazos, concretou qua a finais da presente tempada se prevé que se rematen os traballos en Río e Tribuna.

Descargar todas as imaxes