Escoitar

O mural de Lugrís nun edificio de Príncipe arranca en Vigo a "ruta das medianeiras ilustradas"

O rexedor achegouse esta mañá á rúa Príncipe para comprobar o resultado do traballo de pintura de Urbano Lugrís sobre nunha lona que cubre unha medianeira dun edificio preto da Porta do Sol. Trátase, dixo o rexedor, do primeiro de moitos traballos similares que se van facer en toda a cidade.

luns, 15 set 2014
1410787604Lugris.JPG
O alcalde de Vigo amosou hoxe a súa satisfacción durante a visita que realizou ao edificio da rúa Príncipe onde se colocou unha lona sobre a que se pintou a obra Fiestra de Urbano Lugrís. Acompañado pola tentente de alcalde e os concelleiros de Fomento e Parques, Carmela Silva, David Regades e Angel Rivas, o rexedor avanzou que esta experiencia de cambiar feismo por arte vaise estender a toda a cidade e solicitou a cooperación cidadá para facilitar a localización de medianeiras nas que se poida levar a cabo este proxecto.

Durante o acto de inauguración, que contou cunha actuación dun grupo de break dance, Caballero agradeceu a colectivos como Outro Vigo é posible e outros moitos artistas locais a súa cooperación para levar a cabo esta "ruta das medianeiras ilustradas", seguindo a outras cidades como Lyon, Berlín, Barcelona ou Bos Aires, exemplificou.

Descargar todas as imaxes