O alcalde confía nunha pronta resolución que permita desbloquear as 290 bolsas de inglés concedidas este ano
Abel Caballero avanzou esta mañá que espera unha resolución do Tribunal Administrativo Central que permita desbloquear as bolsas de inglés concedidas para este mesmo mes de setembro. En todo caso, e como plan B, o rexedor explicou que, se non pode ser agora, os alumnos beneficiados coas bolsas de inglés gozarán da súa estancia en Gran Bretaña en decembro ou xaneiro, aproveitando parte das vacacións escolares. Así o explicou durante a inauguración do curso de ensino secundario no IES República Oriental de Uruguai.