Escoitar

O Concello achega 100.000 euros a Conxemar, "a mesma cantidad que Xunta e Goberno de España xuntos"

Abel Caballero explicou hoxe martes que o Concello apoia a organización de Conxemar con 100.000 euros, "a mesma cantidade que a Xunta e o Goberno de España xuntos". Na mesma rolda de prensa, o rexedor deu conta dunha sentencia favorable ao Concello no conflito coa propietaria de Cordelerías Mar que querían que lles fora entregada unha licenza urbanística sen realizar unhas catas arqueolóxicas que se lle reclamaban.

martes, 16 set 2014
Conxemar recibirá das arcas municipais 100.000 euros, unha cantidade que alcanza a suma das achegas de Xunta e Goberno Central á feira do conxelado "máis importante do mundo". O rexedor recriminou a estas administracións este escaso respaldo e reiterou o apoio do Concello, "a pesar de non ser da nosa competencia", para dinamizar este evento porque a pesca é un sector do que dependen miles e miles de postos de traballo.

Por outra banda, o rexedor deu conta dunha setenza do Contencioso Administrativo número 2 favorable aos intereses municipais que desestima un recurso presentado pola propietaria de Cordelerías Mar, Bouza Alta SL que pretencía recibir licenza antes de realizar as catas arqueolóxicas esixidas. Pola contra, indicou o rexedor, os tribunais déronlle a razón ao Concello que supeditou a outorgación de licenza ao resultado deses sondeos de xeito que se levantara a cautela arqueolóxica.