O alcalde confía nunha pronta resolución que permita desbloquear as 290 bolsas de inglés concedidas este ano
Abel Caballero avanzou esta mañá que espera unha resolución do Tribunal Administrativo Central que permita desbloquear as bolsas de inglés concedidas para este mesmo mes de setembro. En todo caso, e como plan B, o rexedor explicou que, se non pode ser agora, os alumnos beneficiados coas bolsas de inglés gozarán da súa estancia en Gran Bretaña en decembro ou xaneiro, aproveitando parte das vacacións escolares. Así o explicou durante a inauguración do curso de ensino secundario no IES República Oriental de Uruguai.
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao IES República Oriental de Uruguai con motivo do inicio do curso escolar de secundaria, nun acto no que quixo transmitir o "apoio municipal ao ensino". Durante a visita, o rexedor avanzou que espera que unha resolución do Tribunal Administrativo Central permita aos alumnos beneficiados coas bolsas de inglés marchar nas próximas semanas, tal e como se preveía nun principio. En todo caso, e como plan B e apuntou Caballero, estes alumnos gozarán da súa estancia en Gran Bretaña en decembro ou xaneiro, aproveitando parte das vacacións escolares.
O programa municipal de inmersión en lengua inglesa suspendeuse de xeito provisional pouco antes de que 290 alumnos seleccionados iniciaran o curso de perfeccionamiento previo á viaxe. O recurso especial presentado por una empresa o pasado 28 de agosto ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais impediu ao Concello formalizar a adxudicación á empresa ganadora do concurso público.
Descargar todas as imaxes