Caballero solicita a Fomento que adecente a Avenida de Madrid se non transfire este vial con partida orzamentaria
O rexedor reiterou hoxe mércores a petición do Concello ao Ministerio de Fomento de que lle transfira a Avenida de Madrid con partida orzamentaria, tal e como determina a norma. En todo caso, e se a resposta fora negativa, o alcalde insta á ministra Ana Pastor, a través dunha carta, que como titular do vial adecente esta importante entrada a Vigo.