Escoitar

O Concello programa 17 espectáculos no Auditorio Municipal para todas as idades

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentaron este mércores os espectáculos de Vigocultura para o último trimestre do 2014, o ano con máis programación estable no recinto municipal desde 2009, segundo salientaron. O goberno de Vigo programa teatro, danza, música e circo para públicos de todas as idades.

mércores, 17 set 2014
1410958913vigocultura.JPG
O alcalde de Vigo recalcou asemade a aposta municipal pola cultura en tempos de crise, xa que o orzamento do Concello na programación no Auditorio Municipal pasou dos 70.000 euros o pasado ano aos 94.000 euros deste 2014.

O Concello mantén os prezos asequibles para todos os espectáculos. Os eventos para público familiar costan 5 euros, 3 para os menores de 12 anos, mentres que as citas para público adulto teñen un prezo único de 8 euros. Tamén proseguen os descontos cos nos abonos, dun 15% comprando 5 entradas e dun 25% coa adquisición de 10.

A proposta municipal para o último trimestre do ano foi concebida para chegar a todas as idades -incluíndo un evento para bebés- e disciplinas artísticas, desde o teatro e a danza pasando pola música e os monicreques.

Máis información en vigocultura.org e no teléfono 010.
Descargar todas as imaxes

Máis información