O alcalde subliña a importancia de cumprir as normas de seguridade no uso do transporte público
O rexedor participou esta mañá na presentación da III campaña de prevención e axuda aos usuarios do transporte urbano de Vigo. Acompañado polo responsable de Vitrasa, Juan Carlos Villarino, Caballero detallou que dous monitores ofrecerán información aos usuarios nas paradas e na Lonxa do Concello, ademais de distribuir uns 7.000 folletos explicativos.
O alcalde presentou esta mañá a III Campaña de prevención e axuda aos usuarios do transporte urbano de Vigo que ten como obxectivo minimizar o risco de incidentabilidade no uso dos autobuses. Acompañado polo responsable de Vitrasa, Juan Carlos Villarino, Caballero explicou na parada do bus de Praza do Rei que con estas campañas de información sobre os riscos de non cumprir as normas, a porcentaxe de diminución destes incidentes é moi importante.
Tal e como explicou, durante un mes, dous monitores asistirán aos usuarios do transporte público nos seus percorridos en autobús urbano co obxectivo de orientalos sobre os riscos aos que se expoñen se non cumpren coas medidas de seguridade establecidas. Nesta nova edición da campaña de prevención e axuda aos usuarios establécese un trato máis directo cos viaxeiros prestando especial atención ao colectivo da terceira idade, un dos máis susceptibles de sufrir algún tipo de incidencia á hora de viaxar en autobús.
Para acadar este obxectivo, os monitores facilitarán á información durante a primeira semana a pé de rúa, en concreto á primeira hora do día a bordo dos buses e a continuaicón desprazaranse ás oficinas de Vitrasa que se atopan no Concello de Vigo e ás que acoden numerosas persoas maiores a renovar a Tarxeta Verde. Á semana seguinte, os monitores viaxarán en autobús recordando aos usuarios á importancia de cumprir coas medidas de seguridade á bordo. Durante as dúas semanas seguintes repetirase esta dinámica, é dicir, na semana 3, os monitores voltarán ás oficinas de Vitrasa instaladas no Concello e na semana 4, á bordo dos buses.
As liñas ás que se lles prestará especial atención son a C1, C3, L5 e L12, unhas das de maior afluencia de viaxeiros. Ademais, editaranse 7.000 folletos que recollen as principais recomendacións de seguridade baixo o nome "Como utilizar o autobús" que serán entregados polos monitores aos usuarios e as persoas que se acheguen a renovar a tarxeta na oficina de Vitrasa no Concello.
Descargar todas as imaxes