O alcalde participa na inauguración do II Simposio Científico Internacional para a Innovación da Industria Marina e Alimentaria
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou esta mañá na xornada inaugural deste simposio que reunirá en Vigo durante os próximos dous dias a empresas, asociacións empresariais, investigadores e asociacións de consumidores para falar dos desafíos acutais en materia de innovación alimentaria para o fomento dunha alimentación saudable.
O rexedor municipal, na sua intervención, e tras dar a benvida os asistentes, quixo facer un pequeno relatorio da evolución da economia productiva xa que, en verbas do propio rexedor, "en 200 anos a humanidade pasou das dúbidas da conveniencia da introducción da maquinaria nos sistemas productivos ao convencemento actual de que a innovación e o coñecemento son as bases do crecemento e o benestar dos paises e das persoas".
Estas xornadas internacionais organizadas por ANFACO-CECOPESCA reunirán en Vigo durante os próximos dous dias aos principais actores do mundo da industria e a investigación máis avanzada en materia de producción sostible, seguridade alimentaria e alimentación sudable que analizarán asimesmo as tendencias socias en materia alimentaria.
Abel Caballero quixo trasaladar aos organizadores o "orgullo de ser alcalde da cidade que da sede a ANFACO" xa que se trata "dunha gran suma de esforzos en favor da investigación sen fornteiras, entre as administración e as empresas privadas".
Por último, o alcalde convidou a todos os asistentes chegados de fora da ciade a que aproveiten a ocasión para coñecer Vigo e gozar da oferta grastonómica, cultural e de ocio que ofrece aos visitantes Vigo, "a cidade máis fermosa do mundo".
Descargar todas as imaxes