O goberno de Vigo renovará o saneamento en Mestre Chané e Montecelo Alto
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de renovación das canalizacións de saneamento das rúas Mestre Chané e Montecelo Alto. A mellora suporá a substitución da rede soterrada de servizos, en mal estado, e acometerase aproveitando a obra que executa ADIF nestes viais, co obxectivo de minimizar as molestias aos veciños.
O alcalde de Vigo informou esta mañá da aprobación deste proxecto no que o Concello renovará as redes de saneamento en ambalas dúas rúas, que é actualmente "unha calamidade, resultado dun século de abandono desta cidade", apuntou. O Concello realizará esta necesaria mellora e o fará aproveitando a obra que alí acomete ADIF, coa finalidade de causar as menos molestias posibles á veciñanza da zona.