Escoitar

A visita do Oasis of the Seas incrementou en 9.000 os usuarios do transporte público

O pasado sábado, con motivo da visita do Oasis of the Seas á cidade, o Concello reforzou o servizo de transporte público que foi usado por 9.000 persoas máis que un fin de semana normal. Durante a rolda de prensa, o concelleiro de Transporte, David Regades, avanzou que, co obxectivo de fomentar o uso do Vitrasa entre os estudantes, todos os autobuses da Universidade estarán dotados con wifi.

xoves, 2 out 2014
1412251497regades.JPG
O concelleiro de Fomento e Transporte, David Regades, deu conta esta mañá do resultado do dispotivo especial de transporte público que o Concello despregou o pasado fin de semana para atender a chegada do Oasis of the Seas. Tal como explicou, coincidindo coa presencia do trasatlántico, reforzáronse as liñas do centro e a C1 con 5 autobuses, e o incremento de usuarios respecto a un sábado normal foi de 9.000 persoas.

Ademais, coa celebración onte de San Teleco, os usuarios das lanzadeiras á Universidade incrementáronse casi nun 30%, trasladando a 3.516 persoas máis. A este respecto, o concelleiro abogou por implementar medidas que permitan consolidar ese número de usuarios. Concretamente e entre outras, referiuse a dotar de Internet a todos os buses da Universidade.

Con respecto recén celebrada Semana da Mobilidade, o responsable municipal de Transporte explicou que máis de 3.100 pasaxeiros usaron de xeito gratuito os buses que se facilitaron durante dúas noites seguidas, ademais das lanzadeiras cara á Balaídos con motivo do partido Celta-Depor.
Descargar todas as imaxes